martes, 28 de marzo de 2017

DÍA DA MULLER: A MULLER NA CIENCIA

Este ano para conmemorar o Día Internacional da Muller organizamos unha charla coloquio na que participaron mulleres que desempeñan traballos vinculados ao mundo da ciencia.
As nosas convidadas foron:
- Covadonga Salgado, directora do instituto tecnolóxico para o control do medio mariño de Galicia.
- Sandra Barca Bravo, bióloga no encoro de Castrogudín.
- Nuria De La Torre, enóloga na bodega "Paco e Lola".
- Sara González Porto, médica de cirurxía plástica e reparadora do Complexo hospitalario universitario da Coruña.
A charla comezou  coa explicación de como é o día a día destas mulleres no seu traballo facendo fincapé nos aspectos máis científicos. Posteriormente tiveron a amabilidade de contestar as nosas preguntas.
Dende aquí queremos agradecer as catro a súa visita e que compartirán connosco a súa relación coa ciencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario