Mostrando entradas con la etiqueta A Lúa e as mareas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta A Lúa e as mareas. Mostrar todas las entradas

miércoles, 22 de marzo de 2017

EXPERIMENTANDO EN TERCEIRO

Os nenos/as de terceiro seguimos interesados en coñecer todo sobre a lúa. Así que puxémonos a amasar area de praia con auga e "maizena" e simulamos o solo lunar.














Tamén observamos o comportamento de diferentes materias, segundo as súas propiedades en contacto coa auga.

martes, 14 de febrero de 2017

INVESTIGANDO SOBRE AS DIFERENTES CIENCIAS

Coincidindo co "Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia", as alumnas de terceiro metéronse de cheo no de ser científicas e cada unha escolleu o papel que lle gustaría desenvolver na ciencia...



martes, 10 de enero de 2017

EXPERIMENTANDO: LÚA, MAREAS E PRAIAS

A nosa investigación céntrase na influencia da Lúa nas mareas, pero tamén centrámonos noutras cousas como a nosas praias e a zona intermareal.
Previo a esto, traballamos as diversidades da auga doce e a auga do mar.
Na aula fixemos un experimento para comparar ditas densidades.


A auga salgada ten maior densidade que a doce. O ovo fúndese  na doce e flota na salgada.


Seguimos cos nosos experimentos na aula. Neste caso observamos as diferentes densidades dos fluidos.

 Fórmase unha esfera de aceite xa que se iguala a densidade do aceite coa mezcla da auga e o alcohol. O aceite perde o seu peso e mantense en equilibrio.

martes, 15 de noviembre de 2016

A LÚA E AS MAREAS

Os nenos/as de terceiro, coincidindo coa super Lúa que houbo esta noite pasada, comezaron a iniciarse no seu proxecto relacionado coa ciencia. Ademais, fixeron un pequeno rexistro de a que hora se produciron onte as mareas mais altas e mais baixas.