ROBOTS
Comezamos comentando bibliografía básica que vamos a empregar ao longo do curso e que temos dispoñible na Biblioteca do centro.
Neste libro entramos de cheo no mundo da ciencia gracias a fotografías asombrosas, ampliadas para ofrecernos detalles intigrantes, xunto cun texto claro que nos explica feitos de moitos temas básicos. Ademais o libro conta con divertidos proxectos para aprender mais motivados.
PROYECTOS FASCINANTES
Ola!! Hoxe deixamos por aquí un par de libros que teñen unha morea de proxectos. Son os dous da Editorial Panamericana e o seu autor é B. Searle.

¡NOS DIVERTIMOS CON LA CIENCIA!
Hoxe traemos outro libro do mais interesante para ir aumentando a nosa biblioteca científica. Trátase dun conto da autora Ángels Navarro e da Editorial Combel.
¿Gustariache construír un volcán en erupción?, ¿e un cohete que sae disparado?, ¿ou un xilófono de auga?. Neste libro descubriredes 28 experimentos científicos, divertidos, sorprendentes e inofensivos, que poderedes realizar na casa con materiais ao voso alcance. O profesor Eureka axudaravos a seguir as instruccions paso a paso para que poidades coñecer os secretos da ciencia. Ademais, o libro contén 28 fichas coas explicacións científicas dos experimentos.
DA GUSTO INVENTAR
Hoxe deixamos por aquí outro libro que nos será moi útil para traballar mais cousiñas sobre a ciencia nas aulas. É da editorial "O barco de vapor", e os seus autores son Félix Moreno e Juan Ignacio Medina.

EL GRAN LIBRO DE LOS INVENTOS
Ola de novo! Hoxe traemos por aquí outro novo libro para a bibliografía para ir completando todos os traballos que vamos a ir elaborando a nivel aula. Trátase dun libro da editorial Larousse e a sua autora é Sophie Crépon.
É unha enciclopedia asombrosa e incrible. Hai temas de interese como os tanportes, a alimentación, as comunicacións; con sete páxinas con inventos do futuro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario