martes, 21 de febrero de 2017

O PENSAMENTO CIENTÍFICO. EXPERIMENTAMOS

(Aula de 2ºA)
Ricardo trouxo un papel para clase. Despois de observalo e preguntarnos para que valía, fixemos varias conxeturas e ideamos as nosas propias hipóteses. A maioría dixo que podía valer para debuxar, colorear ou facer manualidades.
Ricardo deunos unha pista: hai que enrrugar o papel. As nosas hipóteses cambiaron e dicimos que: - Se se xunta con pelotas, o papel convértese en pelota; - O papel vale para que os obxectos se fagan mais grandes; - O papel axuda a unha planta a abrirse; - O papel dalle vitaminas a unha semente; - O papel vale para facer un trueque e cambialo polo que queiras; - o papel vale para tapar a semente do sol; - O papel vale como recheo de coxin.
Estamos experimentando para saber se conseguimos algún resultado e teremos que recoller todos os datos do experimento para despois expoñelos aos demais.


Durante días observamos a bola de papel e recollemos nuns gráficos se pasaban ou non as cousas que faláramos na clase.


 
A bola de papel non se converteu en pelotas.
A bola de papel non fixo nada para que a pelota se fixera mais grande.
A bola de papel non fixo que a planta se fixera mais grande.
A bola de papel non fixo que á planta lle sairan flores.




Intentamos cambiar o papel por otras cousas. Usámolo para taparnos do sol e como recheo de coxin, pero nada funcionou. Decidimos meter o papel dentro dun bote como se fose unha semente de planta.













Ao saír unha planta, chegamos á conclusión de que o papel que trouxo ricardo tiña sementes no seu interior, que xerminaron ao plantar na terra o papel e regalo cada día.





viernes, 17 de febrero de 2017

O PENSAMENTO CIENTÍFICO. PASO 1

Os nenos/as de 2ºA cóntannos o primeiro paso do Pensamento Científico: a observación.

PASO 1: OBSERVO
Adicámonos a observar todo o que nos rodea, na casa, na rúa e, sobre todo, na escola. Queredes saber como? Formamos unha patrulla, con carnet e todo.


Os gardas da natureza traballamos na hora do recreo e observamos e contamos na clase todo o que pasa cos seres vivos do patio.
Atopamos unhas mascotas mais para a nosa clase: os caracois e aproveitamos para investigar moito sobre eles. Descubrimos que non lles gustan os cheiros fortes e que por iso escapan do perexil e da herbaluisa, gustándolles moito a herba da horta.Ademais sabemos que cando non teñen comida hibernan na súa cuncha e que soen facelo con outros caracois para conservar mellor a temperatura do refuxio.


DOUS NOVOS EXPERIMENTOS

O alumnado de sexto, co seu traballo sobre O museo dos experimentos, séguenos ofrecendo novos experimentos cos que poder aprender cousas novas. Este primeiro chámase " A fuxida do gas"




O segundo "Erupción volcánica"


miércoles, 15 de febrero de 2017

O PENSAMENTO CIENTÍFICO


Os nenos/as de 2A están elaborando unha libreta, tipo diario, no que deixan rexistrado todo o que van facendo e descubrindo sobre o pensamento científico. Comezan así...
"Na nosa clase vimos uns vídeos que atopamos navegando por internet que mostra como pensan os científicos. Despois de velos varias veces descubrimos que o pensamento científico ten 6 pasos:
- Observación
- Facemos preguntas
- Ideamos hipotesis
- Experimentamos
- Escribimos conclusións
- Ensinamos resultados"

Aquí deixamos os vídeos que visualizaron:


martes, 14 de febrero de 2017

EXPERIMENTANDO COA AUGA

Os nenos/as de infantil seguen coñecendo diversos estados da auga e saboreándoa de diferentes xeitos. Estes son algúns dos experimentos que están realizando nas clases.













INVESTIGANDO SOBRE AS DIFERENTES CIENCIAS

Coincidindo co "Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia", as alumnas de terceiro metéronse de cheo no de ser científicas e cada unha escolleu o papel que lle gustaría desenvolver na ciencia...



COMO MEDRAN AS PLANTAS

Os nenos e nenas de 1ºA e 1ºB descubrimos o que necesita unha planta para medrar. Experimentamos coas plantas e aprendemos que necesitan luz, auga e abono para medrar fortes e sans.
Para rematar, representamos nunha gráfica o que foron medrando cada semana as nosas plantiñas.











lunes, 13 de febrero de 2017

MUSEO DOS EXPERIMENTOS

O alumnado de sexto de primaria móstranos dous novos experimentos.

"COCA-COLA CON MENTOS"

"O SOLIDO E O LÍQUIDO"

jueves, 9 de febrero de 2017

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

A Asamblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 11 de febreiro como o "Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia".
Coa celebración deste día preténdese lograr o acceso e participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e nenas, ademais de para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mullerres e nenas.
Dacordo cun estudio realizado en 14 países, a probabilidade de que as estudiantes femeninas terminen unha licenciatura nalgunha carreira relacionada coa ciencia é de 18%, mentres que para os estudiantes masculinos é do 37%.
Por ista razón, dende o centro estamos traballando nesta semana a figura de Ánxeles Alvariño, oceanógrafa galega de presixio internacional. Aquí deixamos un vídeo sobre ela que estamos a visulaizar nas aulas.