martes, 28 de marzo de 2017

CHARLA DO CIENTÍFICO CASTRO RIVADULLA

O venres 24 de marzo recibimos no cole ao científico Casto Rivadulla que nos deu unha charla moi interesante sobre o cerebro: as súas partes, o seu funcionamento e as súas características.
Foi unha charla interactiva na que o científico mostrounos pequenos cerebros de animais, os sinais eléctricos necesarios para producir o movemento dos músculos e contestou todas as nosas dúbidas.
Aquí deixamos algunhas das fotos...



FEITO EN ESPAÑA

Coincidindo coa celebración da muller traballadora e, coa relación que este ano tivo esta conmemoración coa ciencia, cada aula aproveitou para coñecer a unha muller científica. Despois, entre todos, elaboramos un mural no que quedaron reflexadas as fotografías, así como os aspectos mais salientables das súas vidas.

DÍA DA MULLER: A MULLER NA CIENCIA

Este ano para conmemorar o Día Internacional da Muller organizamos unha charla coloquio na que participaron mulleres que desempeñan traballos vinculados ao mundo da ciencia.
As nosas convidadas foron:
- Covadonga Salgado, directora do instituto tecnolóxico para o control do medio mariño de Galicia.
- Sandra Barca Bravo, bióloga no encoro de Castrogudín.
- Nuria De La Torre, enóloga na bodega "Paco e Lola".
- Sara González Porto, médica de cirurxía plástica e reparadora do Complexo hospitalario universitario da Coruña.
A charla comezou  coa explicación de como é o día a día destas mulleres no seu traballo facendo fincapé nos aspectos máis científicos. Posteriormente tiveron a amabilidade de contestar as nosas preguntas.
Dende aquí queremos agradecer as catro a súa visita e que compartirán connosco a súa relación coa ciencia.

miércoles, 22 de marzo de 2017

EXPERIMENTANDO EN TERCEIRO

Os nenos/as de terceiro seguimos interesados en coñecer todo sobre a lúa. Así que puxémonos a amasar area de praia con auga e "maizena" e simulamos o solo lunar.














Tamén observamos o comportamento de diferentes materias, segundo as súas propiedades en contacto coa auga.

BOLSAS CIENTÍFICAS

A primeira semana das bolsas científicas foi todo un éxito. Os rapaces de segundo están encantados coa implicación das súas familias. Grazas de verdade. Sen vos esto non sería posible.

martes, 14 de marzo de 2017

EXPERIMENTANDO EN FAMILIA

Os alumnos/as de primeiro e segundo comezan unha nova experiencia, van a divertirse nas súas casas facendo experimentos coas súas familias. Toca divertirse!!

lunes, 6 de marzo de 2017

MAIS EXPERIMENTOS

Aquí van novos experimentos que nos trae o alumnado de sexto de primaria.
O primeiro chámase "Mini motor eléctrico"


O segundo "Os productos que non se mesturan"


O terceiro "Porexpan e acetona"


O cuarto "Unha estalactita casera de sal"

ENTROIDO CIENTÍFICO

Este ano o entroido no Ceip Vilaxoán estivo completamente relacionado co proxecto anual de PEQUECIENCIA que estamos levando a cabo, por iso, cada curso veu disfrazado acorde á temática que están traballando nas aulas.
Ademais, a Marquesa de Vilaxoán tamén se converteu en científica para a ocasión. Aquí deixamos algunhas das fotos de ese día.