viernes, 17 de febrero de 2017

O PENSAMENTO CIENTÍFICO. PASO 1

Os nenos/as de 2ºA cóntannos o primeiro paso do Pensamento Científico: a observación.

PASO 1: OBSERVO
Adicámonos a observar todo o que nos rodea, na casa, na rúa e, sobre todo, na escola. Queredes saber como? Formamos unha patrulla, con carnet e todo.


Os gardas da natureza traballamos na hora do recreo e observamos e contamos na clase todo o que pasa cos seres vivos do patio.
Atopamos unhas mascotas mais para a nosa clase: os caracois e aproveitamos para investigar moito sobre eles. Descubrimos que non lles gustan os cheiros fortes e que por iso escapan do perexil e da herbaluisa, gustándolles moito a herba da horta.Ademais sabemos que cando non teñen comida hibernan na súa cuncha e que soen facelo con outros caracois para conservar mellor a temperatura do refuxio.


No hay comentarios:

Publicar un comentario