Clicando na imaxe poderedes acceder a unha páxina web sobre ciencia dirixida aos nenos/as. Aquí podemos visualizar pelís, cortos de animación, guías didácticas; bibliografías de grandes autores científicos/as, xogos, test...
lunes, 24 de octubre de 2016
BIBLIOGRAFÍA: DA GUSTO INVENTAR
Hoxe deixamos por aquí outro libro que nos será moi útil para traballar mais cousiñas sobre a ciencia nas aulas. É da editorial "O barco de vapor", e os seus autores son Félix Moreno e Juan Ignacio Medina.

viernes, 14 de octubre de 2016
BIBLIOGRAFÍA: ¡NOS DIVERTIMOS CON LA CIENCIA!
Ola!
Hoxe traemos outro libro do mais interesante para ir aumentando a nosa biblioteca científica. Trátase dun conto da autora Ángels Navarro e da Editorial Combel.
¿Gustariache construír un volcán en erupción?, ¿e un cohete que sae disparado?, ¿ou un xilófono de auga?. Neste libro descubriredes 28 experimentos científicos, divertidos, sorprendentes e inofensivos, que poderedes realizar na casa con materiais ao voso alcance. O profesor Eureka axudaravos a seguir as instruccions paso a paso para que poidades coñecer os secretos da ciencia. Ademais, o libro contén 28 fichas coas explicacións científicas dos experimentos.
martes, 11 de octubre de 2016
EXPLORABLE
Hoxe deixamos un enlace a unha web que ten unha morea de experimentos para poder realizar co alumnado. Cada vez que cliquedes en cada un dos experimentos se abre unha nova xanela onde se precisan os materiais necesarios, o procedemento para poder levalo a cabo, unha discusión para que xurdan preguntas sobre o que estamos a experimentar e, xa para rematar, que está sucedendo? no que veremos os resultados.
Clicade na imaxe e accederedes directamente á web.
lunes, 10 de octubre de 2016
BIBLIOGRAFÍA: "PROYECTOS FASCINANTES"
Ola!! Hoxe deixamos por aquí un par de libros que teñen unha morea de proxectos. Son os dous da Editorial Panamericana e o seu autor é B. Searle.


viernes, 7 de octubre de 2016
BIBLIOGRAFÍA: ROBOTS

Hoxe, en concreto, falamos do libro "Robots" de Clive Gifford e da editorial Edilupa.
Neste libro entramos de cheo no mundo da ciencia gracias a fotografías asombrosas, ampliadas para ofrecernos detalles intigrantes, xunto cun texto claro que nos explica feitos de moitos temas básicos. Ademais o libro conta con divertidos proxectos para aprender mais motivados.
BENVIDOS/AS!!
Benvidos/as ao noso blogue!
Este ano no Ceip Vilaxoán traballaremos un proxecto anual chamado "Peque Ciencia", no que participará todo o alumnado e profesorado do centro. Ao longo do curso iremos realizando actividades, saídas... que iremos relatando por aquí.
Moitas grazas por seguirnos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)