viernes, 2 de junio de 2017

MUSEO CIENTÍFICO

Aquí van novos experimentos do alumnado de sexto de primaria.

A MENSAXE INVISIBLE

O GLOBO ASPIRA-PAPEL

TORNADO

EXPERIMENTO CON CD

O GLOBO

NARANXA INFLAMABLE e BRÚXULA

A LÁMPARA

O VOLCÁN EN ERUPCIÓN

AS BURBULLAS

miércoles, 31 de mayo de 2017

MÉTODO CIENTÍFICO

O equipo de infantil segue traballando co método científico. Estes son os carteis explicativos que teñen elaborados nas aulas para os nenos/as.

DOUTOR XIAN PRESENTA...COMO FACER LAVA?

Aquí deixamos un vídeo dun alumno dos mais peques do cole explicando como facer lava...

jueves, 18 de mayo de 2017

APRENDEMOS A PROGRAMAR ROBOTS

O xoves 11 o alumnado de 6º participou nunha pequena charla práctica sobre programación de robots impartida por Susana Oubiña profesora de tecnoloxia e programación no IES Castro Alobre.
Distribuídos en grupos de catro alumnos/as cada un cun ordenador portátil e un robot educativo Mbot aprenderon a crear un código de programación empregando o programa mblock.
Na primeira práctica o código programaba ao Mbot para que seguirá un percorrido marcado no chan. Na segunda práctica o alumnado tivo que crear un código para que os leds do Mbot amosará diferentes cores.

jueves, 20 de abril de 2017

"PROHIBIDO NON TOCAR"

Este era o lema que onte nos trouxeron ao cole dous científicos. Durante toda a mañá, o alumnado de primaria foi pasando polo "Museo Científico Itinerante" que se montou no cole. Alí, a través de diveros experimentos, aprenderon moitas cousas e viviron novas experiencias.



LIBRO MATERIAIS E INSTRUMENTOS CIENTÍFICOS

O alumnado de quinto de primaria, elaborou nas clases de informática fichas sobre distintos instrumentos científicos. Con todas elas fichas fixeron un libro dixital.
Se clicades na imaxe accederedes directamebte ao enlace.

martes, 28 de marzo de 2017

CHARLA DO CIENTÍFICO CASTRO RIVADULLA

O venres 24 de marzo recibimos no cole ao científico Casto Rivadulla que nos deu unha charla moi interesante sobre o cerebro: as súas partes, o seu funcionamento e as súas características.
Foi unha charla interactiva na que o científico mostrounos pequenos cerebros de animais, os sinais eléctricos necesarios para producir o movemento dos músculos e contestou todas as nosas dúbidas.
Aquí deixamos algunhas das fotos...