martes, 21 de febrero de 2017

O PENSAMENTO CIENTÍFICO. EXPERIMENTAMOS

(Aula de 2ºA)
Ricardo trouxo un papel para clase. Despois de observalo e preguntarnos para que valía, fixemos varias conxeturas e ideamos as nosas propias hipóteses. A maioría dixo que podía valer para debuxar, colorear ou facer manualidades.
Ricardo deunos unha pista: hai que enrrugar o papel. As nosas hipóteses cambiaron e dicimos que: - Se se xunta con pelotas, o papel convértese en pelota; - O papel vale para que os obxectos se fagan mais grandes; - O papel axuda a unha planta a abrirse; - O papel dalle vitaminas a unha semente; - O papel vale para facer un trueque e cambialo polo que queiras; - o papel vale para tapar a semente do sol; - O papel vale como recheo de coxin.
Estamos experimentando para saber se conseguimos algún resultado e teremos que recoller todos os datos do experimento para despois expoñelos aos demais.


Durante días observamos a bola de papel e recollemos nuns gráficos se pasaban ou non as cousas que faláramos na clase.


 
A bola de papel non se converteu en pelotas.
A bola de papel non fixo nada para que a pelota se fixera mais grande.
A bola de papel non fixo que a planta se fixera mais grande.
A bola de papel non fixo que á planta lle sairan flores.




Intentamos cambiar o papel por otras cousas. Usámolo para taparnos do sol e como recheo de coxin, pero nada funcionou. Decidimos meter o papel dentro dun bote como se fose unha semente de planta.













Ao saír unha planta, chegamos á conclusión de que o papel que trouxo ricardo tiña sementes no seu interior, que xerminaron ao plantar na terra o papel e regalo cada día.





No hay comentarios:

Publicar un comentario