martes, 29 de noviembre de 2016

SEGUIMOS EXPERIMENTANDO

Os alumnos/as de sexto de primaria seguen experimentando. Nesta ocasión deixamosvos un experimento que realizaron na aula.

martes, 22 de noviembre de 2016

EXPERIMENTANDO COAS TECNOLOXIAS

Ola!!
Hoxe traemos por aquí un movemento que seguro escoitastes na tele ou listes na prensa nas derradeiras semanas. Trátase do "MANIQUI CHALLENGE", un fenómeno viral que está arrasando en todo o mundo, consiste en gravar un vídeo con todos os seus protagonistas inmóbiles, como no medio dunha escena conxelada, igual que maniquís (de aí o seu nome).
Aquí vos deixamos aos alumnos/as de sexto de primaria que, experimentando coas tecnoloxías, decidiron facer o seu propio Manequi Challenge.


martes, 15 de noviembre de 2016

A LÚA E AS MAREAS

Os nenos/as de terceiro, coincidindo coa super Lúa que houbo esta noite pasada, comezaron a iniciarse no seu proxecto relacionado coa ciencia. Ademais, fixeron un pequeno rexistro de a que hora se produciron onte as mareas mais altas e mais baixas.

TEMAS A TRABALLAR

Ola!
Aquí vos deixamos os temas que se van a a traballar relacionados coa Ciencia nos diversos niveis do cole. Si considerades que dende a casa podedes facer calquera aportación, non dubidedes en facernolo saber!
- Ed. Infantil: Xogamos coa auga.
- 1º e 2º de Ed. Primaria: Pensamento científico: A natureza.
- 3º de Ed. Primaria: A Lúa, as mareas e as nosas praias.
- 4º de Ed. Primaria: Abellas e avespas.
- 5º de Ed. Primaria: Experimentos coa auga.
- 6º de Ed. Primaria: O museo dos experimentos.

martes, 8 de noviembre de 2016

RECUNCHO NA BIBLIOTECA DE CENTRO

Dende a nosa biblioteca de centro temos un gran apoio, xa que contan cunha inmensa cantidade de libros e recursos cos que podemos contar nas aulas. Creouse un recuncho propio sobre Ciencia que os nenos/as teñen ao seu alcance.


BIBLIOGRAFÍA: "EL GRAN LIBRO DE LOS INVENTOS"

Ola de novo! Hoxe traemos por aquí outro novo libro para a bibliografía para ir completando todos os traballos que vamos a ir elaborando a nivel aula. Trátase dun libro da editorial Larousse e a sua autora é Sophie Crépon.
É unha enciclopedia asombrosa e incrible. Hai temas de interese como os tanportes, a alimentación, as comunicacións; con sete páxinas con inventos do futuro.