BIBLIOGRAFÍA


ROBOTS
Comezamos comentando bibliografía básica que vamos a empregar ao longo do curso e que temos dispoñible na Biblioteca do centro.
Hoxe, en concreto, falamos do libro "Robots" de Clive Gifford e da editorial Edilupa.


Neste libro entramos de cheo no mundo da ciencia gracias a fotografías asombrosas, ampliadas para ofrecernos detalles intigrantes, xunto cun texto claro que nos explica feitos de moitos temas básicos. Ademais o libro conta con divertidos proxectos para aprender mais motivados.

PROYECTOS FASCINANTES
Ola!! Hoxe deixamos por aquí un par de libros que teñen unha morea de proxectos. Son os dous da Editorial Panamericana e o seu autor é B. Searle.

O primeiro deles é sobre "Calor y Energía", o cal introduce aos lectores nos conceptos que hai detrás de moitas formas de enerxía: calor, auga, vento, enerxía solar, eléctrica e mecánica. Con proxectos paso a paso, explica cómo fabricar un cohete a partir dun globo, cómo enganar ao corpo empregando enerxía oculta e ¡cómo fabricar unha batería empregando un cacho de fruta!

O segundo experimenta co "Sonido", introducindo aos lectores nos principios do son: cómo se crea, a velocidade do son, os sons musicais, os sons da natureza e a escoita. Con proxectos paso a paso explica cómo fabricar frautas de pan, cómo facer un modelo de oído e ata cómo medir a velocidade do son.

¡NOS DIVERTIMOS CON LA CIENCIA!

Hoxe traemos outro libro do mais interesante para ir aumentando a nosa biblioteca científica. Trátase dun conto da autora Ángels Navarro e da Editorial Combel.
¿Gustariache construír un volcán en erupción?, ¿e un cohete que sae disparado?, ¿ou un xilófono de auga?. Neste libro descubriredes 28 experimentos científicos, divertidos, sorprendentes e inofensivos, que poderedes realizar na casa con materiais ao voso alcance. O profesor Eureka axudaravos a seguir as instruccions paso a paso para que poidades coñecer os secretos da ciencia. Ademais, o libro contén 28 fichas coas explicacións científicas dos experimentos.





DA GUSTO INVENTAR

Hoxe deixamos por aquí outro libro que nos será moi útil para traballar mais cousiñas sobre a ciencia nas aulas. É da editorial "O barco de vapor", e os seus autores son Félix Moreno e Juan Ignacio Medina.

Dende a noria mais primitiva aos circuitos integrados, todo son inventos. O despertador que nos levanta da cama pola mañá e a bombilla que apagamos antes de dormirnos son, xunto con moitas outras cousas, froito do inxenio de persoas como ti que, un bo día, presentaron ao mundo algo que ata entón nunca existira.


EL GRAN LIBRO DE LOS INVENTOS
Ola de novo! Hoxe traemos por aquí outro novo libro para a bibliografía para ir completando todos os traballos que vamos a ir elaborando a nivel aula. Trátase dun libro da editorial Larousse e a sua autora é Sophie Crépon.

É unha enciclopedia asombrosa e incrible. Hai temas de interese como os tanportes, a alimentación, as comunicacións; con sete páxinas con inventos do futuro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario