miércoles, 31 de mayo de 2017

MÉTODO CIENTÍFICO

O equipo de infantil segue traballando co método científico. Estes son os carteis explicativos que teñen elaborados nas aulas para os nenos/as.

DOUTOR XIAN PRESENTA...COMO FACER LAVA?

Aquí deixamos un vídeo dun alumno dos mais peques do cole explicando como facer lava...

jueves, 18 de mayo de 2017

APRENDEMOS A PROGRAMAR ROBOTS

O xoves 11 o alumnado de 6º participou nunha pequena charla práctica sobre programación de robots impartida por Susana Oubiña profesora de tecnoloxia e programación no IES Castro Alobre.
Distribuídos en grupos de catro alumnos/as cada un cun ordenador portátil e un robot educativo Mbot aprenderon a crear un código de programación empregando o programa mblock.
Na primeira práctica o código programaba ao Mbot para que seguirá un percorrido marcado no chan. Na segunda práctica o alumnado tivo que crear un código para que os leds do Mbot amosará diferentes cores.