lunes, 10 de octubre de 2016

BIBLIOGRAFÍA: "PROYECTOS FASCINANTES"

Ola!! Hoxe deixamos por aquí un par de libros que teñen unha morea de proxectos. Son os dous da Editorial Panamericana e o seu autor é B. Searle.

O primeiro deles é sobre "Calor y Energía", o cal introduce aos lectores nos conceptos que hai detrás de moitas formas de enerxía: calor, auga, vento, enerxía solar, eléctrica e mecánica. Con proxectos paso a paso, explica cómo fabricar un cohete a partir dun globo, cómo enganar ao corpo empregando enerxía oculta e ¡cómo fabricar unha batería empregando un cacho de fruta!

O segundo experimenta co "Sonido", introducindo aos lectores nos principios do son: cómo se crea, a velocidade do son, os sons musicais, os sons da natureza e a escoita. Con proxectos paso a paso explica cómo fabricar frautas de pan, cómo facer un modelo de oído e ata cómo medir a velocidade do son.

No hay comentarios:

Publicar un comentario